O pasado mércores, a unhas horas de iniciar a parada da planta de Alcoa Portovesme e tras unha reunión de mais de 13 horas que acabou a altas horas da noite,entre sindicatos,dirección de Alcoa e representantes do goberno,chegouse a un acordo entre as partes,que garantiza o mantemento de toda a produción ata finais de ano,data na que se empezaran a parar as cubas de maneira controlada para un futuro rearranque,garantindo así o emprego de todos os traballadores da planta ata o 1 de Xaneiro 2013, a partir de esa data a empresa pasará a ser responsabilidade do Estado,que se comprometeu a poñer tódalas medidas necesarias para atopar outro comprador no prazo de un ano (actualmente xa hai 3 interesados en adquirila as Suizas Glencore e Klesch ,e a austro-alemána Industrias Hammerer) e readmitir logo a toda a plantilla que traballaba na fábrica.
Pero este acordo que garantiza un plan de futuro,non sería posible sen a loita de tódolos traballadores,que lonxe de aceptar as causas que alegaba Alcoa para o peche,decidiron loitar por manter os seus postos de traballo dunha maneira exemplar,realizando nestes 3 meses manifestacións no so na illa de Cerdeña onde se atopa a fábrica senón que as levaron ata a propia capital romana, a parte das manifestacións fixeron mobilizacións que saíron en medios de comunicación de todo o mundo,o peche de portos e o aeroporto da illa,folgas de fame,encadearse no alto de postes de alta tensión e o secuestro e posterior encerro dun barco que traía carbón para a eléctrica Enel en protesta pola elevada tarifa eléctrica e incluso un operario chegou a rociarse con gasolina e intentou prenderse lume en sinal de protesta,impedíndollo afortunadamente a policía e os propios compañeiros.
O propio presidente da república Giorgio Napolitano chamou persoalmente os representantes dos traballadores para mostrar a súa satisfacción polo acordo acadado e traballo realizado na loita do seus postos de traballo.
Dende esta sección sindical queremos felicitar os compañeiros de Portovesme pola resolución do seu conflito e pola consecución dun plan de futuro para a súa fábrica a pesares de partir dunha peor posición inicial que nós.
A continuación poñemos diferentes enlaces a algunhas das accións de protesta levadas a cabo polos traballadores de Alcoa Portovesme:
Traballadores de Alcoa enfróntanse a policía
Secuestro barco de Carbón por operarios de Alcoa
Operario Alcoa desesperado intenta prenderse lume
Operario Alcoa subido a poste alta tensión en sinal de protesta
viernes, 30 de marzo de 2012
Alcoa Portovesme,exemplo de loita obreira
PECHANDO BOCAS "ANÓNIMAS"
Xa empezamos a estar cansos de que sempre os mesmos estean a botar merda enriba de nós sempre a base de mentiras xa que argumentos non lles quedan e dunha maneira "anónima",esta vez son calumnias dicindo que un dos nosos delegados que tivo que pedir o permiso sindical como e lóxico o día da folga para realizar o seu cometido e non ter que estar de servizos mínimos,colleuno para que non lle descontasen o día,a continuación poñemos a copia do correo onde por triplicado e fai catro días enviáronse os permisos sindicais omitindo o nome do único delegado que o tivo que pedir co texto que os acompañaba, para pechala boca de eses que dunha maneira "anónima" lles encanta calumniar e esparexer rumores pero cara a cara non se atreven a abrir a boca.
martes, 27 de marzo de 2012
REQUIEM POLO DEREITO A FOLGA
Hoxe na asemblea de fábrica, tanto os representantes de CCOO coma UGT fixeron un bo discurso apoiando a folga, invitando a participación dos piquetes, tanto na fábrica como nos que se organicen no resto da Coruña, e animaron a todos os traballadores a secundar a folga pola importancia que ten debido ao tremendo ataque para os dereitos laborais que supón a reforma laboral.
Pena de discursos desaproveitados. Porque predican unha cousa e fan outra totalmente distinta. Firmaron os servizos mínimos máis extensos e abusivos da nosa historia e aínda encima poñen de escusa os da anterior folga xeral, que foron denunciados pola CIG e que seguen en trámite xudicial. E o mundo ao revés, os que aceptan as imposicións da empresa bótanlle a culpa a quen non as aceptan. Quen firma o acordo di firmalo obrigado por quen non o firma.
Pero o máis sangrante de todo, xa non son os servizos mínimos acordados, o peor é que a estes compañeiros que van estar no seu posto de traballo o día da folga, o comité non lles aclara cales son as súas funcións. Como dixemos na asemblea, a función do persoal de electrólise ten pouca discusión, poren o de fundición non. As tarefas a realizar polo persoal da fundición designados para servizos mínimos non poden ser de produción, porque non están para iso. Están para manter a integridade das instalacións e a seguridade das persoas, e se hai que facer as coladas necesarias para absorber o metal das series porque está pactado no acordo, haberá que facelas, pero de preparar os fornos cos aditivos e materias primas necesarias para conformar as diferentes aleacións non se di nada. Nin tampouco de facer cargas para homoxeneizado nin serrar.
Isto suporía que as coladas realizadas non valerían para enviar aos clientes e polo tanto si estariamos facendo unha folga efectiva. Pero disto, que así o expuxemos, o Comité non quixo falar e chegou a dicir que o que acordaran era facer as coladas e punto.
Precisamente perdemos o xuízo en primeira instancia, aínda que está recorrida a sentenza, porque a xuíza considerou como válida a teoría da empresa, de que estaban obrigados por un requirimento que a inspección de traballo lle fixo á empresa nos meses entre as folgas de setembro de 2010 e xaneiro de 2011 e que necesitaba ese número de persoas na fábrica para manter a seguridade das persoas. Este requerimento fala do número mínimo de persoas para atender as verticais e as serras na fundición, e foi motivado por unha denuncia doutra sección sindical. Non seremos nos os que critiquemos esta denuncia e este requerimento porque estamos plenamente de acordo, aínda que fose usado no xulgado na nosa contra, pero isto mesmo é o que outros fan con nós cando din que non había outro acordo posible por mor "dos servizos mínimos da CIG" da anterior folga. Se non había outro acordo posible, o lóxico sería que non houbese acordo.
O malo de non exercer os dereitos con forza é que se acaban perdendo. O día que necesitemos convocar unha folga nosa veremos o que pasa, e a ver se seguimos tendo nós a culpa.

lunes, 26 de marzo de 2012
Todos a Folga Xeral do día 29
Contido e avaliación da reforma laboral 2012
Desde a crise económica dos anos oitenta iníciase un proceso continuado de desmantelamento do dereito do traballo a prol da parte máis forte nas relacións laborais, a prol do capital. Ata agora,as tres grandes reformas foron reformas para a crise, que non solucionaron nin incidiron no gravísimo problema do desemprego, pero que determinaron o modelo de relacións laborais en todo o territorio do Estado español. A de 1984 centrada na flexibilidade de acceso ao traballo determinou a precariedade laboral típica do noso mercado laboral; a de 1994 centrouse na flexibilidade interna empeorando as condicións de traballo e configurando unha negociación colectiva a peor; a reforma de 2010 facilitou a saída, axilizando e abaratando o despedimento. Pechábase así un círculo infernal contra os traballadores e traballadoras.
Ante ese desmantelamento dos dereitos laborais, o único que lles restaba era combater directamente o contrapoder sindical, impor a individualización das relacións laborais e dificultar a autorganización da clase traballadora. Tal cometido abordouse coa reforma da negociación colectiva no 2011 combinada cunha sistemática campaña de desprestixio do sindicalismo.
Todas estas reformas foron impostas polos gobernos do PSOE. Agora, o actual goberno –de extrema dereita-do PP tira de látego para aprobar outra reforma que endurece notablemente todas as medidas esenciais das reformas anteriores co único obxectivo de protexer aos empresarios . O seu núcleo duro afecta á contratación, á flexibilidade interna, á negociación colectiva e ao despedimento da seguinte maneira;

Despedimento:
a) Xeneralízase o despedimento obxectivo, cunha indemnización de 20 días por ano e un máximo de 12 mensualidades. Esta xeneralización prodúcese mediante a fórmula de considerar procedente o despedimento cando as empresas acrediten a existencia de perdas actuais ou previstas ou ben a diminución persistente do seu nivel de ingresos ou ventas, entendendo que é persistente si esa diminución dáse durante tres trimestres consecutivos.Iso significa que na época actual a grande maioría das empresas poden recorrer sen ningún problema ao despedimento obxectivo individual ou colectivo. Tamén facilita a picaresca manipulando a contabilidade das empresas para acudir aos despedimentos e, en calquera caso, trata de evitar o control e avaliación xudicial, órgano que debe aplicar a procedencia cando se demostre documentalmente a diminución de ingresos ou ventas. Por outra parte, reláxanse as esixencias para argumentar causas técnicas, organizativas ou produtivas e suprímese a esixencia de que os despedimentos melloren a situación competitiva da empresa e sirvan para o mantemento da actividade e do emprego. Finalmente, tamén se establece como causa de despedimento obxectivo as faltas de asistencia ao traballo,inda que sexan xustificadas pero intermitentes, que acaden o 20% das xornadas hábiles en dous meses consecutivos ou o 25% en catro meses descontinuos dentro dun período de doce meses, desvinculando este cómputo do absentismo global na empresa.

b) Xeneralízase para o futuro a indemnización no despedimento improcedente de 33 días por ano e un máximo de 24 mensualidades. No caso de que a empresa opte polo despedimento e este sexa considerado improcedente, o tempo transcorrido desde a entrada en vigor da reforma computarase a 33 días por ano cun tope de 24 meses. Pero tamén se lles baixa a indemnización a grande maioría das persoas que teñen un contrato indefinido ordinario desde antes da reforma, xa que para elas o tempo transcorrido ata o 11 de febreiro- data de publicación no BOE- contabilizarase a 45 días por ano cun tope de 24 meses de indemnización;e a partir desa data de entrada en vigor da reforma, a indemnización calcularase a 33 días por ano, pero en ningún caso o resultado total deses cómputos –anterior e posterior á reforma- poderá ser maior de 42 mensualidades.
c) Suprime a autorización administrativa nos despedimentos colectivos para os novos EREs de extinción.Transcorrido o período de consultas – de 30 días para as empresas de máis de 50 persoas empregadas e de 15 para as de menos- sen acordo, a empresa comunicará a súa decisión e as condicións nas que se executarán os despedimentos. Ábrese entón un prazo de 20 días para presentar a impugnación ou demanda contra a decisión empresarial. Con iso atácase a capacidade negociadora do período de consultas, xa que o empresario non necesita chegar a un acordo cos representantes sindicais para facilitar unha rápida autorización dos despedimentos por parte da autoridade laboral polo que será difícil conseguir indemnizacións superiores aos 20 días.
d) Aclárase que os EREs poden producirse tamén no sector público, contemplando as mesmas causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción que nas empresas privadas.
e) Desaparición práctica dos salarios de tramitación nos despedimentos improcedentes, xa que agora so se terá dereito a eses salarios si o empresario optase pola readmisión.
Contratación:
A reforma fomenta inda máis a contratación en precario e segue subvencionando ás empresas.
a) Establécese a flexibilidade total na contratación a través do período de proba. Nas empresas de menos de 50 persoas empregadas,que representan máis do 90%, créase un novo contrato indefinido, cunha forte bonificación fiscal e cun período de proba de nada menos que 1 ano. Durante ese ano a persoa contratada pode ser despedida sen causa algunha e sen ningún tipo de indemnización. A empresa contará con axudas públicas en forma de deducións fiscais e bonificacións na cota empresarial. Se ademais,esa persoa provén do desemprego e cobra unha prestación contributiva, a empresa terá dereito tamén a unha dedución fiscal do 50% da prestación por desemprego que teña pendente de recibir o traballador ou traballadora, mentres que a persoa empregada pode compatibilizar o seu salario cun 25% da prestación por desemprego.
Deste xeito favorécese a contratación daquelas persoas que están en mellor situación, porque están cobrando prestacións de desemprego,que aquelas que non teñen dereito ou que as esgotaron.

b) Refórmase o contrato para a formación e aprendizaxe, ampliando a idade máxima para ter acceso a este tipo de contrato até os 30 anos, cando menos até que a taxa de desemprego baixe do 15%. A súa duración máxima pasa de 2 a 3 anos. Permítese ademais que logo de ter este tipo de contrato nun sector de actividade, o traballador volva ter esta modalidade de contrato na mesma ou en distinta empresa para outra actividade laboral. Podes ser un eterno aprendiz até os 30 anos, na mesma empresa ou en distintas empresas e sectores.
c) Modifícase a regulación do contrato a tempo parcial exclusivamente para permitir a realización de horas extras, o que facilita notablemente a utilización fraudulenta deste tipo de contrato.
d) Permítese que os desempregados que cobran prestación poidan facer traballos sociais sen compensación económica. Deste xeito facilítase que na Administración se produza unha substitución de persoal laboral por persoas perceptoras da prestación por desemprego.
e) As ETTs van a actuar como axencias privadas de colocación.
Flexibilidade interna:
Unha vez máis vólvese a incidir na organización empresarial dándolle máis poder de decisión arbitraria ás empresas e, correlativamente maior desprotección das persoas traballadoras. Como regra xeral facilítase que as empresas podan baixar os salarios, ampliar a xornada,modificar o horario e a distribución do tempo de traballo, aplicar mobilidades funcionais alén do grupo profesional e tamén traslados porque as razóns económicas, técnicas, organizativas ou de produción fanse agora máis relativas,máis abertas, máis relacionadas con criterios como a competitividade, coa produtividade e coas contratacións referidas á actividade da empresa. Elimínase toda referencia ás categorías para permitir así a mobilidade interna sen restrición algunha dentro do grupo profesional. E ademais permite que a empresa poida suspender ou reducir temporalmente a xornada de traballo sen autorización da autoridade laboral
Negociación colectiva
A reforma da negociación colectiva do goberno Zapatero obrigaba a por coto á prevalencia da negociación colectiva na empresa a través de acordos ou convenios estatais ou, no seu defecto, autonómicos.
Agora a situación agrávase notablemente, xa que:
a) O convenio colectivo de empresa ten prioridade absoluta fronte aos sectoriais nas materias máis importantes contempladas polo Real decreto Lei 7/2011, sen que teñan validez as cláusulas sobre estrutura e concorrencia establecida en acordos interprofesionais ou sectoriais de carácter estatal ou autonómico. Con iso permítese que o convenio de empresa empeore as condicións salariais e de condicións de traballo establecidas como mínimas no convenio provincial ou de ámbito superior. Restrínxese pois un dereito fundamental como é o dereito a liberdade de negociación colectiva.
b) A ultra actividade dos convenios limítase a dous anos, desde a súa denuncia. Pasado ese tempo sen que se acordase un novo ou se ditase un laudo arbitral, o convenio perderá, agás pacto en contrario, vixencia e aplicarase o convenio de ámbito superior si o houbese. Ou sexa que para que o convenio permaneza sen límite de tempo, como ata agora, ou cun tempo maior, é necesario acordalo no propio convenio.
c) Facilítase o descolgue dos convenios, esencialmente por razóns económicas, como son a diminución “persistente” de ingresos ou ventas, pero tamén polas outras causas típicas como son as organizativas, produtivas ou técnicas. Ata agora, o descolgue entendíase que se producía respecto dun convenio de ámbito superior ao de empresa, pero agora pode ser do mesmo convenio de empresa. A dirección da empresa pode forzar a que se acade un acordo ou ben se remate nunha arbitraxe. Contémplase esa arbitraxe non como unha cuestión da voluntariedade das partes, unha vez que constatan a imposibilidade de chegar a un acordo, senón como un mecanismo de inseguridade e naufraxio para a representación laboral co obxectivo de que ceda ante as pretensión do empresario. En efecto, recóllese que calquera das partes poderá someter a solución da discrepancia
á Comisión Consultiva de Convenios ou aos órganos correspondentes das Comunidades Autónomas, que poderán resolver, ben mediante decisión adoptada no seu seo ou ben por árbitro designado por eles mesmos. Hai que ter en conta que a composición desa Comisión é tripartita, unha parte sindical, outra patronal e unha terceira da Administración, que vai ser quen realmente bascule a balanza e decida.

Conclusións:
Unha Reforma Laboral para protexer os intereses da clase empresarial
A reforma laboral aprobada polo goberno do PP é un ataque en toda regra aos dereitos da clase traballadora,propio dunha dereita extrema que sigue ao pe da letra os designios do capital. Esta reforma non se propón crear emprego, nin diminuír a temporalidade ou mellorar a calidade e seguridade no traballo. O mesmo presidente do Goberno español recoñece que o paro vai a seguir aumentando e que estamos en recesión. Esta reforma
faise para protexer os intereses de clase empresarial, sabendo o goberno, como ben o sabe, que a economía non se vai a recuperar pola vía dos axustes e da submisión aos ditados da banca. Como os efectos desa política nefasta levan á caída da demanda e da actividade produtiva e, polo tanto, á caída de emprego, a reforma ven a paliar os beneficios e negocios dos empresarios a costa da clase traballadora. Castígase aos de sempre,como se está a facer con todas as medidas que se toman ultimamente e como se vai seguir facendo cando se aproben os próximos orzamentos do Estado. Trátase de facilitar o despedimento, o que incrementará o paro,e de impor aos traballadores e traballadoras condicións cada vez peores, trátase de legalizar a chantaxe das empresas ante as ameazas de perda de traballo, traslados,cambio de funcións, etc..Trátase, en definitiva, de que sexamos cada vez máis pobres para que unha minoría capitalista sexa cada vez máis rica.

O poder político ao servizo do capital
Esta reforma é parte dunha ofensiva agresiva, directa e sen precedentes por parte do poder económico para impor os seus intereses en tódolos ámbitos, aproveitándose da crise. O poder político está claramente ao servizo destes intereses, deixa indefensa á maioría da cidadanía, que é con quen en teoría debería estar obrigado, opta abertamente por defender os intereses do capital e abandoa a súa sorte aos colectivos máis desfavorecidos. Non
lle podemos recoñecer lexitimidade algunha a esa clase política gobernante que se sustenta no engano,na propaganda mentireira, na falta de debate social e no estraperlo das ideas, coa cobertura mediática dos grandes medios de comunicación.

Unha reforma radical contra o dereito laboral
As medidas esenciais da reforma van encamiñadas a dar prioridade aos convenios de empresa, a permitir que os empresarios poidan modificar unilateralmente as condicións individuais das persoas empregadas e tamén as condicións laborais e salariais dos convenios colectivos, así como a eliminar a prórroga automática indefinida dos mesmos para favorecer o inmobilismo patronal. Na práctica dinamítase o dereito do traballo a través dun cambio radical nos conceptos. En vez de admitir que nas relacións laborais hai unha parte más forte e unha parte máis feble, que é a quen hai que protexer,concédese todo o poder de decisión a quen o ten xa de partida, por ser o propietario do capital, fronte ao persoal asalariado, que so dispón da súa forza de traballo.

¡¡¡ Para evitar todo isto deféndete organízate e loita,mobilízate o día 29, non ó desmantelamento dos dereitos dos traballadores, non a reforma laboral !!!
viernes, 23 de marzo de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)