sábado, 19 de septiembre de 2015
jueves, 10 de septiembre de 2015
domingo, 16 de agosto de 2015
Manifestación venres 21 de Agosto
Acude a manifestación que sairá da praza de María Pita as 21 horas
TRAE A TÚA CAMISETA LARANXA...AS VELAS PONAS O COMITÉ DE EMPRESA !!!
martes, 23 de junio de 2015
Marcha a Santiago
Dende CIG pedímosche todo o apoio que poidas dar á marcha a pé a Santiago que está convocada dende o Comité de Empresa
jueves, 30 de abril de 2015
A CIG chama a saír á rúa este Primeiro de Maio para reclamar ‘Contra a pobreza, emprego e Salarios Dignos”
Manifestación na Coruña: ás 12:00 horas desde a Praza de Vigo
A CIG convoca para este Primeiro de Maio 12 manifestacións que percorrerán as cidades e principais vilas de Galiza baixo o lema “Contra a pobreza. Emprego e salarios dignos”. Así o anunciou o secretario xeral, Suso Seixo, quen compareceu esta mañá en rolda de prensa acompañado do secretario confederal de Comunicación, Francisco Miranda Vigo.A CIG optou por este lema porque, tal e como explicou Seixo, desde o comezo da crise se perderon en Galiza miles de empregos e, parello a isto, produciuse un empobrecemento xeneralizado da clase traballadora. Para demostralo lembrou que “o único tramo de asalariados/as que medrou nos últimos anos foi o que cobra a metade do SMI”.
A este respecto denunciou que hai máis de 177.000 persoas que son consideradas como “ocupadas” polas estatísticas pero cuxos ingresos brutos son inferiores a 1.872 euros ao ano e afirmou que “con 150 euros brutos ao mes non podemos consideralas empregadas”. Por iso ás 275.700 persoas desempregadas que dá a EPA a CIG engade esas preto de 200.000, co que “en realidade estariamos falando de medio millón de parados e paradas”.
Xunto a isto denunciou o empeoramento da situación que constatan os datos da EPA do I Trimestre deste ano, cun aumento do paro en 11.900 persoas; o incremento do número de familias con todos os seus membros desempregados, superando as 94.000; perda de 12.900 ocupados/as; unha importante caída da poboación activa, especialmente entre os 20 e 34 anos, e unha perda de poboación en xeral.
Datos que avalan a denuncia que a CIG vén facendo desde hai anos e “que o PP nega”, lembrou Seixo, dunha emigración masiva da mocidade que, alertou, terá graves consecuencias para o futuro de Galiza.
Seixo denunciou ademais que as políticas do PP tampouco permitiron mellorar a situación económica e salientou que, de feito, “Galiza crece menos que a media do Estado, un 0,4%, fronte o 1,4% da media estatal”.
Fronte este panorama o secretario xeral da CIG fixo fincapé nas alternativas defendidas pola central sindical que mesmo impulsou unha ILP que chegou ao Parlamento co aval de máis de 31.000 sinaturas, pero que foi rexeitada pola maioría absoluta do Partido Popular e co voto en contra de membros do goberno Feijóo que só entraron no pleno para emitir o seu voto en contra.
Precariedade
O secretario xeral da CIG denunciou tamén a perda de emprego fixo e a tempo completo, que foi substituído por emprego temporal e a tempo parcial. Unha situación que afecta especialmente á xente nova e da que fixo responsábeis ás reformas laborais emprendidas primeiro polo PSOE e logo polo Partido Popular.
Neste sentido, lembrou que estas reformas, que tiñan como obxectivo provocar unha perda de dereitos laborais e salariais so pretexto de abaratar os custos de produción para favorecer así a exportación, só serviron para provocar un incremento das desigualdades sociais cun empobrecemento xeneralizado da clase traballadora galega ao tempo que se incrementaron os beneficios para as rendas altas e as grandes fortunas.
A isto engadiu que segundo “os datos máis recentes produciuse unha caída nas exportacións e incrementouse o déficit comercial” o que o levou a concluír que estas políticas foron “un fracaso” porque, aínda que poderían favorecer ás grandes empresas, “son demoledoras para as pequenas e medianas, que dirixen a súa produción ao mercado interior e que son as que crean emprego en Galiza”.
Asegurou que “ese é o modelo contra o que estamos loitando” porque “aboca á clase traballadora a unha situación de pobreza mesmo tendo emprego” e fixo un chamamento a participar nas manifestacións convocadas pola CIG, en demanda de emprego e salarios dignos e duns servizos públicos, máis necesarios que nunca para atender a quen hoxe está nunha situación máis desfavorecida por mor destas políticas.
Nota: esta mensaxe foi enviada desde un enderezo de correo electrónico que non acepta mensaxes entrantes. Por favor, non respondas esta mensaxe, para calquera tipo de consulta ponte en contacto coa túa Unión Local ou Comarca de afiliación.
miércoles, 22 de abril de 2015
martes, 21 de abril de 2015
Plataforma de convenio CIG 2015.
Art.2.- Ámbito temporal
Este convenio terá vigor desde o 1 de xaneiro de 2015 ata
o 31 de decembro de 2016.
Art.3.- Ámbito persoal (2º parágrafo)
Estenderase a todos os traballadores
de Alcoa Inespal A Coruña S.L. quedando excluído o persoal considerado de Alta
Dirección pola lexislación vixente. Para o persoal que ocupa postos denominados
de función directiva(PFD), sen menoscabo das súas condicións laborais actuais,
respectarase en todo caso o contido deste convenio con carácter de mínimo.
Art.4-Denuncia
O presente convenio quedará
denunciado automáticamente con tres meses de antelación ao seu vencemento ,
prorrogándose o actual ata a entrada en vigor do seguinte.
Art.4.1.- Descolgue
salarial
Previo acordo coa representación dos traballadores, os compromisos en
materia salarial contidos no presente convenio non serán de aplicación no caso
que a empresa acredite perdas nos dous últimos exercicios, correspondendo en
tal suposto o mantemento retributivo do convenio anterior.
A efectos de aplicar esta cláusula,
as partes acordan someterse as seguintes normas:
A duración do descolgue non poderá durar maís dun ano.
Comunicar por escrito ao comité de
empresa o inicio do procedemento de descolgué, que iniciará un periodo de
consultas de 30 días. Ao inicio deste período a empresa fará entrega ao Comité
da Memoria explicativa das causas, balance de contas e resultados dos dous
últimos exercicios, orzamento e previsión do ano en curso e o aforro que vai
ter con estas medidas, etc.
Dentro do acordo ten que figurar de
xeito obrigado a forma e o tempo para recuperar os dereitos perdidos polos
traballadores, así como o compromiso o remate dese ano de actualizar os novos
salarios de convenio..
Art.4.2.-Extinción
de contratos por causas obxectivas.
En caso de producirse despidos por
causa obxectivas crearase una Bolsa de Emprego cos traballadores despedidos, co
compromiso de que no momento no que a empresa recupere a actividade normal terá
a obriga de contratalos por orde de antigüidade na empresa e entrada na bolsa.
Art.12.1.-
A permanencia no nivel oito non poderá ser superior a un mes.
Ar14.1.- Réxime
de traballo a quendas
Aqueles traballadores maiores de 50
anos, que leven prestando sevicio a quendas por un período superior a 20 anos
poderán cambiar o seu réxime de xornada laboral de quendas a xornada se no
departamento existen postos de traballo a xornada normal, ou a quendas de mañá
e tarde.
Art.
15.-Excedencias
15.1.-Excedencia especial por
motivos familiares
Os traballadores que teñan unha
antigüidade mínima dun ano terán dereito a desfrutar dunha excedencia especial
dun máximo dun mes de duración para atender ao cuidado dun familiar ata o
segundo grado de consanguinidade o afinidade, que por razons de edad, accidente,
enfermidade ou discapacidade non poda valerse por sí mesmos. Dita excedencia
especial poderá ser fraccionada en dous periodos de 15 días en cada semestre.
Mentres dure o período da excedencia o traballador cobrará o salario mínimo
interprofesional, e será computable como tempo traballado a todos os efectos. A
finalización do mesmo, o traballador incorporase automaticamente a seu posto de
traballo.
Art.19.-
Xornada
A xornada
en cómputo anual será de 1672 horas.
Art. 20.-
Calendarios laborais (punto 3)
3.- Persoal de quenda: o seu
calendario laboral é o que se acorde co comité de empresa. O seu horario será
de 6 a 14 horas, de 14 a 22 horas, e de 22 a 6 horas. Os calendarios
publicaranse antes do 15 de decembro do ano anterior a súa aplicación.
Art. 23.-
Vacacións
23.1.- Duración
As vacacións anuais serán de 31 días
naturais consecutivos
(equivalentes a 23 días laborables do calendario de traballo de cada
posto), gozados no período comprendido entre o 20 de xunio e o 10 de setembro,
salvo pacto individual co departamento.
23.2.-Igual
23.3.-Igual
23.4.-Calendario
O persoal indicará ó seu
departamento, antes do 15 de Marzo as datas nas que desexa as vacacións. Cada
departamento publicará o calendario de vacacións antes do 1 de abril. Os
traballadores terán de prazo ata o 10 de abril para facer as reclamacións que
consideren oportunas, e a empresa disporá de dez días para contestar estas
reclamacións. En caso de non contestar nese prazo darase por aceptada a
reclamación.
Pasado esta data serán
aceptados os cambios pactados entre compañeiros, da mesma quenda ou xornada,
con funcións ou especialidades análogas.
En caso de desacordo das partes , a
xurisdición competente fixará a data que
para o desfrute corresponda e a decisión será irrecurrible.
Art. 24.- Permisos retribuídos
Todo igual ata:
Dous días por enfermidade grave, hospitalización ou
intervención cirúrxica sen hospitalización que requira repouso domiciliario de conxugue, pais avós, fillos ,netos e irmáns, tanto naturais como políticos.
Poderá facerse uso desta licenza mentres dure o feito causante.
Seguinte parágrafo
eliminado
Resto igual.
Art. 30.- Estrutura retributiva
Engadir no 30.2 e no
30.3.3 os seguintes conceptos:
-Prima de preventivo
-Cortocircuitado de cubas
e traballos en pontes arranca agullas e máquinas sobre cubas. (Duplicar a contía)
-Plus de transporte.
Compensar aos traballadores que viven fora do concello da Coruña por non ter a
posibilidade de acceder ao bus de fábrica por cada día de con 20 céntimos por
Km de distancia dese a súa residencia habitual á fábrica.
-Plus líder.
Art. 31.- Contía retributiva
Incrementos salariais:
O incremento salarial
será o seguinte:
1200 euros anuais en
salario base para todas as categorías. En todo caso quedará garantido un
incremento do IPC real en tablas se este superase 1200 euros anuais.
Art. 49.-Comedor.
Todo igual ata
1. Familiares do cadro de
persoal da fábrica: pais e irmás coa limitación de un por día e a unidade
familiar, cónxugue e fillos ao completo.
Resto igual.
Art.60.Reduccion de xornada por garda legal e coidado de familiares
Quen por razóns de garda
legal teña ao seu coidado directo algún menor de 12 anos ou unha persoa con
discapacidade física, psíquica ou sensorial, terá dereito a unha reducción da
xornada de traballo diaria, coa diminución proporcional do salario entre, polo
menos un oitavo e un máximo da metade da duración daquela.
Terá o mesmo dereito quen
precise encargarse do coidado directo dun familiar, ata o segundo grado de consanguinidade o afinidade, que por razón de idade, accidente ou enfermidade non
poda valerse por si mesmo.
O proxenitor, adoptante
ou acolledor de carácter preadoptivo ou permanente, terá dereito a unha reducción de xornada, coa
diminución proporcional do salario de, polo menos , a metade da duración de
aquela, para o coidado, durante a hospitalización e tratamento continuado, do
menor a seu cargo afectado por cáncer(tumores malignos, melanomas e
carcinomas), o por calquera outra enfermidade grave que implique un ingreso de
longa duración e requira a necesidade dun coidado directo, continuo e
permanente.
Art.62.- Flexibilidade da xornada
Cando ambos proxenitores
traballen na empresa, para os casos contemplados no artigo 60, os traballadores poderán solicitar que as súas quendas de traballo non coincidan ou a faltar unha hora ao traballo, na entrada ou
na saída, de forma alternativa. Esa hora non será retribuída.
Art.63.- Lactación
Nos supostos de nacemento
de fillo, adopción ou acollemento, para a lactación do menor ata que este cumpra dez meses, os traballadores terán dereito a unha hora retribuída de
ausencia do traballo , que poderán dividir en dous fracciones ou substituir por
unha redución da sua xornada de media
hora ou acumulalo en xornadas completas.
A concreción horaria e a
determinación do período de disfrute do permiso de lactación e redución de
xornada, previsto no artigo 60 e no 63, corresponden ao traballador , dentro da
sua xornada ordinaria.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)












