miércoles, 19 de junio de 2013

IMPORTANTE SENTENCIA CONTRA O INSS E A SEGURIDADE SOCIAL

A CIG gaña unha sentencia definitiva no Xulgado Central Contencioso Administrativo que anula a orde do INSS de pagar aos inspectores médicos por reducir os tempos de baixas dos traballadores e traballadoras.

En marzo do 2011 o INSS crea un complemento de produtividade para os inspectores médicos en función das altas que promovan. Cantas máis altas, máis cobran.

A sentenza e de dobremente importante xa que afecta ao conxunto de traballadores de todo o Estado, e pola súa transcendencia económica, xa que o Instituto Nacional da Seguridade Social é o que paga as prestacións por incapacidade temporal das traballadoras e traballadores que se encontran de baixa por enfermidade ou accidente.

Esta decisión atentaba contra a saúde dos traballadores e traballadoras, provocando que moitas persoas sen estar curadas fosen dadas de alta para o traballo, prexudicando a súa curación e a súa saúde.

Para a CIG a prestación sanitaria por IT (incapacidade temporal), é fundamental na medida en que garante a subsistencia material das traballadores e traballadores en situación de enfermidade. Ante estas sentenzas, Francisco Miranda Vigo, secretario confederal de Comunicación da central sindical denuncia que as políticas de austeridade están levantando sospeitas sobre as/os traballadoras/es que se ven na necesidade de exercer este dereito. “Hai cantidade de persoas que teñen que acudir aos seus postos de traballo dados de alta estando enfermas e mesmo casos de despedimentos para aqueles que pola súa situación de enfermidade non están aptos para realizar o seu traballo en condicións óptimas”.

Este goberno actúa en función das reclamacións dos empresarios,desprezando os nosos dereitos.

viernes, 26 de abril de 2013

Manifestación 1º de Maio


A Confederación Intersindical galega convoca manifestacións, neste Primeiro de Maio, en todas as cidades e en moitas vilas de Galiza facendo un chamamento a parar as políticas deseñadas polo Partido Popular baixo o mandato da Unión Europea. Políticas que están a provocar unha cada vez maior perda de dereitos e o empobrecemento masivo da poboación. “Constantes reformas que nos deixan sen dereitos para darlles diñeiro aos bancos, ás grandes empresas, aos especuladores/as e aos corruptos/as”.
A CIG denuncia o ataque ás pensións, os dereitos no traballo abaratando o despedimentos, incrementando a xornada laboral, reducindo os nosos salarios, causando máis paro e pobreza. “Somos vítimas dos desafiuzamentos, perdemos o fogar, os aforros. Reducen as nosas prestacións por desemprego ao 50% a partir do sexto mes. Elimínanlle o dereito ao subsidio para maiores de 55 anos a centos de miles de persoas, suprimindo a cotización durante estes anos e, como consecuencia, castigando a pensión de todos e todas as que perderon o seu traballo”.
A central sindical denuncia tamén a redución das prestacións sanitarias atacando a saúde; a supresión de servizos e a privatización de hospitais para o negocio das empresas dos seus amigos; o poder que se dá ás mútuas para as baixas por enfermidade; o encarecemento da universidade para as fillas e fillos da clase traballadora, mentres dan centos de millóns ao ensino privado para os fillos e fillas dos ricos/as.
Pregúntase por que atacan sempre o gasto social con estas reformas e non atacan a inmensa fraude das grandes empresas do IBEX (Telefónica, Repsol, Santander, Iberdrola, Gas natural, BBVA e 28 empresas máis que segundo a Inspección de Facenda desvían por ano máis de 74.000 millóns de euros a paraísos fiscais. Ao igual que se pregunta por que non perseguen a fraude das grandes fortunas, os máis ricos, que segundo a propia Inspección levan a estes paraísos máis de 42.000 millóns de euros ao ano.
Lembra que o gasto social no Estado español (pensións sanidade, ensino, axudas, subsidios, etc) é un 15% menor que a media da Unión Europea e salienta que só para contentar a Europa estase a matar a industria galega, o naval, a pesca ou o noso sector agroalimentario, destruíndo miles de empregos na nosa nación.
Alerta de que xa se anuncian novas reformas, antes do verán, que terán como consecuencia máis paro e pobreza e fai un chamamento a frear esta situación. “Temos que paralos ou non teremos futuro, e peor será para os nosos fillos e fillas”.

Manifestación convocada
-          A Coruña: ás 12:00 horas dende a Praza de Vigo

martes, 26 de marzo de 2013

Reunión martes 26

A reunión celebrada hoxe non valeu para nada (unha vez mais),a dirección non presentou a organización, con posto e nome do persoal de cada departamento  despois da finalización do ERE,como se lle solicitara en anteriores reunións, e iso que estamos a unha semana do remate do mesmo,o que si nos deixou claro e que quere dispor das nosas vacacións a conveniencia, e que aínda quere reducir mais o persoal de tódolos departamentos,que sumado a falta total de inversións condenándonos a unha perdida de competitividade que ademais porá en risco a integridade e saúde dos traballadores.
Tampouco aclarou si se cubrirán por voluntarios as prazas de internacionalización ou irán os 27 elixidos a dedo que xa están na lista e que xa se lles comunicou por carta.
Por outra banda tampouco nos aclarou si pensa tomar mais medidas que prexudiquen os traballadores o rematar o ERE,e tampouco nos dixo si vai continuar reducindo persoal o longo do ano,como xa leva facendo o longo dos dous últimos anos.

miércoles, 6 de marzo de 2013

Asemblea Informativa

Hoxe rematou o o período de consultas sobre a modificación substancial e a inaplicación de convenio sen acordo ,nestes máis de dous meses de negociacións a Dirección practicamente non se moveu nin un ápice da súa proposta inicial xa que antes de sentarse a negociar xa o tiña todo comprometido,dende o principio deixou claro que a cantidade a aforrar era intocable,así como a conxelación salarial,e que non haberia retorno de cantidades aínda que a empresa se equivocara nas súas predicións e obtivera beneficios ó final do ano,polo que nos deixou pouco marxe de manobra e  tamén ben claro que non se trataba de un problema económico xa que aínda que entre todos conseguísemos os cartos e os puxésemos enriba da mesa o proceso seguiría igual para adiante.
A pesares do anterior dende o comité se puxeron múltiples propostas sobre a mesa para aforrar esa cantidade sempre cun retorno de parte das mesmas en caso de teren beneficios que foron rechazadas pola Dirección.
Por outra banda a empresa tampouco quixo comprometerse a facer nin sequera as mínimas inversións que xa se acordaran nos plan de competitividade e do ERE,e tampouco se comprometeu a non acometer novas medidas de recorte salarial ou de redución de plantilla o largo deste ano.
Polo tanto para explicar o proceso e aclarar dubidas, así como explicar o proceso a seguir convocase :
Asemblea xeral o luns 11 de marzo as 10:30 horas e as 17:15 horas.

viernes, 22 de febrero de 2013

Nova proposta de descolgue de convenio



Onte celebrouse un pleno do comité onde valoramos a nova proposta de descolgue de convenio presentada pola empresa, e estamos todos de acordo no inxustificada e desproporcionada da proposta de descolgue que presentou a empresa tirando abaixo o acordo acadado coa representación dos traballadores o pasado día 18 de Xaneiro negándose a negociar calquera retorno de cantidades.
Con este novo ataque queda patente que a intención da empresa non é aforrar eses cartos(1.5Millón de Euros),porque aínda que entre todos os traballadores pedísemos un préstamo e lle puxésemos enriba da mesa esa cantidade, seguirían exactamente igual co proceso,xa que simplemente se trata dun ataque frontal contra o convenio e as condicións de traballo,e xa deixaron claro que o teñen comprometido.
Tamén nos quedou claro que non existe ningún plan de futuro para a Fábrica e que as inversións previstas non chegan nin a metade da cantidade que pretenden aforran cos recortes nos nosos salarios,conprometendo así a viabilidade da fábrica.
Visto o anterior e despois de un mes de negociacións onde  o comité presentou múltiples propostas alternativas que foron todas rechazadas,por unanimidade decidiu tomar as seguintes medidas:

-Acordouse convocar a tódolos traballadores a unha folga cos seguintes horarios:
  • Xoves 28 de Febreiro de 10:30 a 12:30 e de 17:10 a 19:10.
  • Venres 1 de Marzo de 10:30 a 12:30 e de 17:10 a 19:10 
  • Luns 4 de Marzo de 10:30 a 12:30 e de 17:10 a 19:10. 
  • Martes 5 de Marzo de 10:30 a 12:30 e de 17:10 a 19:10. 
  • Mércores 6 de Marzo de 10:30 a 12:30 e de 17:10 a 19:10.
 Tódolos días de folga ademais os traballadores da empresa concentraranse na entrada da fábrica nos seguintes horarios:

  • Xoves 28 de Febreiro 2013 de 10:30 a 12:30 e de 17:10 a 17:40 horas
  • Venres 1 de Marzo 2013 de 10:30 a 12:30 horas
  • Luns 4 de Marzo 2013 de 10:30 a 12:30 e de 17:10 a 17:40 horas 
  • Martes 5 de Marzo 2013 de 10:30 a 12:30 e de 17:10 a 17:40 horas
  • Mércores 6 de Marzo 2013 de 10:30 a 12:30 e de 17:10 a 17:40 horas
 Ademais o Xoves 28 terá lugar unha asemblea no lugar de concentración tanto de mañá como de tarde para informar do proceso.
Dende esta sección sindical pedimos a todos os nosos afiliados e traballadores en xeral o máximo apoio en tódalas medidas adoptadas polo comité, tamén recordamos a todos os traballadores que non debemos colaborar máis ala das nosas obrigas e cumprir escrupulosamente con todas as normas de seguridade e os tempos establecidos en tódolos procesos.