A reunión celebrada hoxe non valeu para nada (unha vez mais),a dirección non presentou a organización, con posto e nome do persoal de cada departamento despois da finalización do ERE,como se lle solicitara en anteriores reunións, e iso que estamos a unha semana do remate do mesmo,o que si nos deixou claro e que quere dispor das nosas vacacións a conveniencia, e que aínda quere reducir mais o persoal de tódolos departamentos,que sumado a falta total de inversións condenándonos a unha perdida de competitividade que ademais porá en risco a integridade e saúde dos traballadores.
Tampouco aclarou si se cubrirán por voluntarios as prazas de internacionalización ou irán os 27 elixidos a dedo que xa están na lista e que xa se lles comunicou por carta.
Por outra banda tampouco nos aclarou si pensa tomar mais medidas que prexudiquen os traballadores o rematar o ERE,e tampouco nos dixo si vai continuar reducindo persoal o longo do ano,como xa leva facendo o longo dos dous últimos anos.
martes, 26 de marzo de 2013
jueves, 7 de marzo de 2013
miércoles, 6 de marzo de 2013
Asemblea Informativa
Hoxe rematou o o período de consultas sobre a modificación substancial e a inaplicación de convenio sen acordo ,nestes máis de dous meses de negociacións a Dirección practicamente non se moveu nin un ápice da súa proposta inicial xa que antes de sentarse a negociar xa o tiña todo comprometido,dende o principio deixou claro que a cantidade a aforrar era intocable,así como a conxelación salarial,e que non haberia retorno de cantidades aínda que a empresa se equivocara nas súas predicións e obtivera beneficios ó final do ano,polo que nos deixou pouco marxe de manobra e tamén ben claro que non se trataba de un problema económico xa que aínda que entre todos conseguísemos os cartos e os puxésemos enriba da mesa o proceso seguiría igual para adiante.
A pesares do anterior dende o comité se puxeron múltiples propostas sobre a mesa para aforrar esa cantidade sempre cun retorno de parte das mesmas en caso de teren beneficios que foron rechazadas pola Dirección.
Por outra banda a empresa tampouco quixo comprometerse a facer nin sequera as mínimas inversións que xa se acordaran nos plan de competitividade e do ERE,e tampouco se comprometeu a non acometer novas medidas de recorte salarial ou de redución de plantilla o largo deste ano.
Polo tanto para explicar o proceso e aclarar dubidas, así como explicar o proceso a seguir convocase :
Asemblea xeral o luns 11 de marzo as 10:30 horas e as 17:15 horas.
A pesares do anterior dende o comité se puxeron múltiples propostas sobre a mesa para aforrar esa cantidade sempre cun retorno de parte das mesmas en caso de teren beneficios que foron rechazadas pola Dirección.
Por outra banda a empresa tampouco quixo comprometerse a facer nin sequera as mínimas inversións que xa se acordaran nos plan de competitividade e do ERE,e tampouco se comprometeu a non acometer novas medidas de recorte salarial ou de redución de plantilla o largo deste ano.
Polo tanto para explicar o proceso e aclarar dubidas, así como explicar o proceso a seguir convocase :
Asemblea xeral o luns 11 de marzo as 10:30 horas e as 17:15 horas.
viernes, 22 de febrero de 2013
Nova proposta de descolgue de convenio
Onte celebrouse un pleno do comité onde valoramos a nova proposta de descolgue de convenio presentada pola empresa, e estamos todos de acordo no inxustificada e desproporcionada da proposta de descolgue que presentou a empresa tirando abaixo o acordo acadado coa representación dos traballadores o pasado día 18 de Xaneiro negándose a negociar calquera retorno de cantidades.
Con este novo ataque queda patente que a intención da empresa non é aforrar eses cartos(1.5Millón de Euros),porque aínda que entre todos os traballadores pedísemos un préstamo e lle puxésemos enriba da mesa esa cantidade, seguirían exactamente igual co proceso,xa que simplemente se trata dun ataque frontal contra o convenio e as condicións de traballo,e xa deixaron claro que o teñen comprometido.
Tamén nos quedou claro que non existe ningún plan de futuro para a Fábrica e que as inversións previstas non chegan nin a metade da cantidade que pretenden aforran cos recortes nos nosos salarios,conprometendo así a viabilidade da fábrica.
Visto o anterior e despois de un mes de negociacións onde o comité presentou múltiples propostas alternativas que foron todas rechazadas,por unanimidade decidiu tomar as seguintes medidas:
-Acordouse convocar a tódolos traballadores a unha folga cos seguintes horarios:
- Xoves 28 de Febreiro de 10:30 a 12:30 e de 17:10 a 19:10.
- Venres 1 de Marzo de 10:30 a 12:30 e de 17:10 a 19:10
- Luns 4 de Marzo de 10:30 a 12:30 e de 17:10 a 19:10.
- Martes 5 de Marzo de 10:30 a 12:30 e de 17:10 a 19:10.
- Mércores 6 de Marzo de 10:30 a 12:30 e de 17:10 a 19:10.
- Xoves 28 de Febreiro 2013 de 10:30 a 12:30 e de 17:10 a 17:40 horas
- Venres 1 de Marzo 2013 de 10:30 a 12:30 horas
- Luns 4 de Marzo 2013 de 10:30 a 12:30 e de 17:10 a 17:40 horas
- Martes 5 de Marzo 2013 de 10:30 a 12:30 e de 17:10 a 17:40 horas
- Mércores 6 de Marzo 2013 de 10:30 a 12:30 e de 17:10 a 17:40 horas
Dende esta sección sindical pedimos a todos os nosos afiliados e traballadores en xeral o máximo apoio en tódalas medidas adoptadas polo comité, tamén recordamos a todos os traballadores que non debemos colaborar máis ala das nosas obrigas e cumprir escrupulosamente con todas as normas de seguridade e os tempos establecidos en tódolos procesos.
viernes, 18 de enero de 2013
Acordo de Retirada do Proceso de Descolgue de Convenio
Esta é unha copia do texto da acta de acordo de retirada do proceso formal de descolgue de convenio colectivo firmada na reunión de hoxe por ámbalas partes,que da comenzo a un novo período de negociación nos seguintes termos:
sábado, 12 de enero de 2013
Descolgue de convenio
Como xa nos anticipara a empresa na anterior reunión, e demostrando que non había ningunha vontade de negociar nada ,a empresa presentou formalmente o descolgue do convenio colectivo nos seguintes puntos:
- Conxelación salarial do IPC previsto para o ano 2013.
- Non incremento do plus de quendas nin o de xornada fraccionada no ano 2013.
- Non incremento da prima fixa no ano 2013.
- Non incremento da prima de vacacións no ano 2013.
- Suspensión do compromiso recollido no art.º 34 Convenio Colectivo sobre aboamento da prima de resultados do ano 2013.
- Suspensión durante o 2013 das achegas ao plan de pensións.
- As pagas extra de xullo e decembro ao 50% no ano 2013.
O Comité de empresa quedou citado para o próximo mércores día 16 ás 11:30h. Para ese mesmo día e hora, mentres o Comité e a Empresa están reunidos convocouse a todos os traballadores que non teñan que traballar (quenda de tarde ou noite, vacacións, descanso ou ERE) a unha CONCENTRACIÓN na porta da Fábrica para facerlle entender á Empresa que non imos consentir que se nos ataque deste xeito,e o momento de mobilizarse e pararlle os pes a empresa temos que facerlle entender a empresa que non pode xogar así con nos.
Este e o pago que recibimos por un ano de loita en busca de unha tarifa competitiva para a empresa, ano no que fixemos máis de 30 mobilizacións loitando pola continuade da fábrica ata conseguir o que estaba buscando.
martes, 8 de enero de 2013
Reunión día 8 "plan de recortes"
Na reunión de hoxe a dirección cunha actitude prepotente e ata chulesca négase a negociar nada co comité, que é o principal órgano de representación dos traballadores,di que so se vai sentar a mesa cunha comisión de sete representantes dos traballadores e como segundo eles, que o comité se presentase alí en pleno, desobedecendo a súas ordes demostra que non hai unha actitude negociadora, van presentar estes días diante da autoridade laboral o descolgue de convenio.
Non deixa de ser curioso que nos acusen de falta de actitude negociadora,cando pola súa parte deixan claro que non hai nada que negociar,porque alí cansáronse de repetir que a conxelación salarial y a perda da prima de competitividade xa están comprometidas (gustaríanos saber con quen) e non son negociables ,polo que so queda por negociar unha pequena parte do total dos recortes.
Tamén o comité lles pediu que se nos entregara a documentación económica detallada da empresa xa que eles mesmos se contradín cos datos continuamente,e xa sabemos a facilidade que teñen para mentir sobre eles,xa que agora fixéronse públicas as contas consolidadas do ano 2011 cuns beneficios(directos e indirectos) de máis de 400 millóns de euros ,contas que xa adiantou esta sección sindical en Febreiro do ano pasado nas seguintes publicacións e na documentación presentada en Madrid diante da inspección,polo tanto o ERE queda claro que foi unha estafa os traballadores e agora pretenden continuar con ela por medio dos recortes.
www.cigmetal.org/2012.02.17/cig-alcoa-rexeita-o-ere-por-non-considerar-xustificadas-cau
A CIG rexeita o ERE por considerar inxustificadas as causas económicas
O que ten claro o comité e que non lles vamos regalar nada,so estamos dispostos a facer un "préstamo" con garantías de devolución,e como os cartos saen do noso peto queremos elixir de onde os sacamos,porque si esto so se trata de aforrar un millón e medio de euros,terían o mesmo valor independientemente da parte que se quite.
Despois de esta pequena reunión queda claro a falta de vontade negociadora da empresa,e tamén nos deixa claro que o fin último de estas medidas non e garantir a competitividade e a viabilidade da fábrica,porque como xa dixemos, so o novo contrato enerxético suponlle un aforro 20 veces superior o do plan de recortes,ademais de haberes outras formas de recortar ese millón e medio de euros sen meterlle a man no peto os traballadores,que bastante teñen con seguir traballando nunhas condicións lamentables, debido ERE, a perda de persoal ("371 trabajadores y bajando" como ben nos recordou na reunión a xefa de persoal cun sorriso na boca) e a falta de inversións na fábrica.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





