domingo, 30 de diciembre de 2012

Feliz ano 2013

Dende esta sección sindical queremos desexarlles a todos os traballadores un Feliz ano 2013,ano no que sen dubida nos espera unha dura loita obreira.

sábado, 29 de diciembre de 2012

Publicación orde ministerial sobre interrumpibilidade

Hoxe saíu publicada no BOE a tan ansiada orde que regula o servizo de xestión de demanda da interrumpibilidade,válida polo menos ata o ano 2016 que se abren as inconexións con Francia,orde que de ter o visto e prace de Bruxelas suponlle a empresa un aforro 20 veces superior ó dos recortes que nos pretende facer,polo que nos preguntamos a que ven esta actitude da empresa,ou acaso despois de todo, o problema da nosa Fábrica non era solo o tema enerxético e estivemos a facer o traballo para outros.

Orde ministerial sobre interrumpibilidade

viernes, 21 de diciembre de 2012

1º Reunión do plan de recortes


O Xoves día 20 tivo lugar a primeira reunión da mesa sobre o plan de recortes 2013 entre a dirección e a representación dos traballadores onde a dirección plantexou o plan de aforro de custes laborais nos que pretende aforrar preto de 1.500.000 euros que sairían da seguinte maneira:
  1. Conxelación salarial e eliminación da prima de resultados que suporía un aforro de algo mais de 900.000 euros.
  2. O resto ata chegar a esa cantidade a empresa propón que saia de calquera das seguintes propostas:
  • Non contratacións no ano 2013
  • Pagar por calendario a partir de Abril o persoal internalizado.
  • Modificar o fondo de axuda.
  • Modificar as axudas sociais.
  • Eliminar cantidades do economato.
  • Quitar días de lavado de mans.
  • Parar as aportacións o fondo de pensións.
  • Eliminar unha paga extra.
 A dirección segue sen dar garantías de ningún tipo mais alá do 2013,así como tampouco aclara si proporá un novo ERE o rematar este,o único que di e que de non aceptar estas medidas intentara facer un descolgue de convenio,aínda que estas medidas en si, xa o son de feito.

Tamén hai que dicir que pola maña celebrouse un pleno do comité onde a excepción de APC que non asistiu ,todas as seccións sindicais coincidimos en que estas medidas son un  roubo a clase traballadora e totalmente inútiles, xa que unha pequena variación do tipo de cambio euro-dolar ou no valor do LME farían que as medidas de aforro que propoñen foran completamente inútiles,ademais de que estas medidas que supoñen percibir uns 3.000 euros menos de media a cada traballador o próximo ano so representan un aforro aproximadamente do 1% no total de custes que ten a fábrica,unha porcentaxe totalmente ridícula da cal non depende a nosa continuidade, polo tanto trátase dun ataque claro as condicións laborais dos traballadores,que por outra banda foron os principais  artífices da posible consecución da nova tarifa eléctrica que lle supón a empresa un aforro de mais do 20% dos custes totais.
A próxima reunión terá lugar o día 7 de Xaneiro.

lunes, 17 de diciembre de 2012

Plan de recortes da empresa para o 2013

Antes de comentar o que se falou na reunión celebrada en Guitiriz o venres pasado entre representantes dos traballadores da Coruña e Avilés con representantes da dirección de Alcoa, temos que dicir que esta sección sindical solo foi invitada a participar na segunda parte da reunión polo que descoñecemos o total do que alí se falou,na parte a que nos asistimos a empresa expuxo,iso si moi de pasada,as medidas que ía adoptar para o vindeiro ano. 

Según Alcoa debido ás altas pérdidas económicas previstas para o ano 2013, tomando como referencia un LME de 1900$  e a paridade euro/dolar a 1,26 ,sendo este un escenario peor que o 2012; teñen que presentar un plan de recortes consistente en rebaixar un 7% os custes laborais ademais de outras medidas produtivas, propoñendo a dirección a necesidade de reducir custes entorno a os  7-8 millóns de euros para que o balance anual sexa o mas próximo a cero pérdidas.

As medidas expostas pola dirección para la redución de eses 7-8 millóns son:   
  1. Melloras produtivas: Flexibilidade
  2. Redución de consumos de enerxía
  3. Potenciarase a refusión de chatarra
  4. Potenciar a produción de pasta metalúrxica 
  5. Reducir servizos e custes en empresas exteriores, transporte, etc
  6. Redución de un 7% dos custes laborais que farase da seguinte forma:
  • Conxelación salarial durante o 2013 (previsión 2,5% de aforro) 
  • Eliminación da prima variable de produtividade durante o 2013 (previsión do 3% de aforro) 
  • Outros a negociar, por exemplo: Deixar de aportar  o plan de pensións (previsión de aforro 1,5%)  así en total suman ese 7%.
Todas estas medidas serán de aplicación exclusiva durante o ano 2013.

A dirección tamén comenta  que  de seguirmos no escenario actual non descarta ampliar a duración do ERE.
A redución dos custes laborais realizarana con acordo o sen el,o que implicaría o descolgue do convenio colectivo.
As inversións que se fagan na planta dependen da resolución de Bruxelas sobre o tema da enerxía e serán en todo caso con retorno a un ano(parches).
Todos estes recortes faranse sen ningún tipo de garantía de continuidade máis ala do 2013.
Para decidir sobre  estas medidas abrirase un período de consultas hasta o día 11 de Xaneiro, o próximo mércores día 19 terá lugar una reunión da dirección co pleno do comité para concretar mais a fondo estas medidas.
 

miércoles, 12 de diciembre de 2012

Reunión recortes 2013

O vindeiro venres día 14 ,tras máis de nove meses ignorándonos,negandonos información necesaria para desempeñar a nosa función sindical,e despois de colarnos sen permiso na última reunión onde se perfilou xa o que nos viña enriba ,a dirección da empresa decidiu convocarnos a unha reunión que terá lugar en Guitiriz as 11 horas da mañá,a reunión asistirán 7 representantes dos traballadores por centro de traballo (Avilés e Coruña) e o motivo de dita reunión e presentar o plan de recortes previsto para o vindeiro ano.

domingo, 4 de noviembre de 2012

14 Novembro ¡Folga Xeral!

O Consello Confederal da CIG vén de ratificar a decisión da Executiva de convocar folga xeral para o 14 de novembro, coincidindo coa data acordada noutros países da periferia europea, como Portugal, e a nivel estatal, con CCOO e UGT. O Consello Confederal reitera a necesidade de continuar coa mobilización social dada a dureza das políticas do PP e do seu carácter “profundamente antisocial e antiobreiro”. 


O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, explicou que “imos á folga xeral con todas as consecuencias, conscientes de que as políticas que está a adoptar o PP requiren deste tipo de respostas” e lembrou que a central sindical viña reclamando a necesidade desta convocatoria. “Eramos partidarios de que fora xa no mes de setembro, coincidindo coa que se convocaba en Euskadi, para responder ás medidas adoptadas polo goberno durante os meses de verán. Políticas de recorte de dereitos moi duras que nos están a levar a unha situación e a unhas condicións de precariedade e de empobrecemento da poboación intolerábeis”.
Iso non foi posíbel, subliñou, porque a CCOO e UGT non lles parecía a data máis adecuada. Por iso a CIG avaliou esta situación e acordou agardar, xa que, pola súa parte había o compromiso de que se convocaría no mes de novembro a nivel de estado. “Consideramos que a resposta tiña que ser o máis masiva posíbel, porque cantas máis organizacións sindicais participen na convocatoria, máis posibilidades teremos de que a participación sexa, a nivel cuantitativo, máis importante”.
A central sindical valora moi positivamente que CCOO e UGT acordaran sumarse á convocatoria de folga e mesmo sindicatos de países da periferia de Europa, porque “estas medidas veñen decidas desde o BCE e da Comisión Europea e o que está a facer o PP, na medida en que coincide cos seus presupostos ideolóxicos, é levalas adiante con toda a dureza”. 

A CIG considera que para 2013 empeorarán aínda máis as condicións laborais e sociais e que se incrementarán as políticas de axuste. “Parécenos máis necesario que nunca continuar con esta dinámica mobilizadora e dar unha resposta con convocatorias de folga xeral as veces que sexa necesario, para parar estas políticas e forzar aos gobernos a facer outras distintas, que garantan que imos saír da crise, pero non de calquera maneira, senón favorecendo os intereses da clase traballadora”, afirma Seixo.
Respecto do impacto que puideran ter os resultados electorais no éxito da convocatoria, o secretario xeral sinala que moitos galegos e galegas “aspirabamos a que o PP perdera a maioría absoluta na Xunta de Galiza e estou convencido de que moitos e moitas entendiamos que o PP o único que está facendo é servir de correa de transmisión do que marca o BCE e o vai seguir facendo con dramáticas consecuencias para o noso país”, entre as que sinalou o deterioro do no noso tecido produtivo, da rede de servizos sociais e mesmo a marcha que se está a producir de mozas e mozos a outras partes de Europa. “Mozos e mozas cunha formación profesional e académica importante que tiñan que estar aportando todo ese coñecemento ao desenvolvemento económico e social do noso país”.
Malia recoñecer o estado xeralizado de decepción ante a revalidación da maioría absoluta, Seixo subliñou que, en todo caso, os apoios que ten o PP andan arredor do 25% da poboación galega, polo que considerou que “non  pode facer o que lle dea a gana”.
Xunto a isto lembrou a perda de miles de votos e o feito de que alí onde se lle deu unha maior contestación ás políticas do PP, nas cidades e nas grandes vilas, esa perda de apoios foi aínda maior. “Quere dicir que a política de contestación social que se está a facer si está a incidir en certos sectores e na perda de votos, cando menos nos sectores máis conscientes da sociedade galega”. Por iso, convidou a seguir mobilizándose para tratar de chegar ao resto das galegas e galegos “moi influenciados polos medios de comunicación, polo enorme poder institucional e caciquil, para dicirlles que aquí votar ao PP é un suicidio para o noso pobo, que levará a Galiza a unha calella sen saída, ao empobrecemento das clases populares e a perda de dereitos laborais e sociais”.