Presencia permanente nos actos públicos acordados na asemblea(debemos estar pendentes da prensa para saber día, hora e lugar).
-Día 4 manifestación da CIG as 20:00 horas con saída da praza de Vigo.
- Días 5 e 6 pegada de carteis escenificando a campaña electoral e publicitando a manifestación do día 10.
- Concentracións todos os venres ás 14:00 horas diante da fábrica.
- Participación na manifestación convocada por ( UGT, CCOO) para o día 8 ás 20:00 horas dende a praza da Palloza.
- MANIFESTACIÓN O DÍA 10 DE OUTUBRO dende Alcoa ata a Delegación do Goberno(praza de Ourense) ás 17:45 horas.
- Manifestacións os días 18 e 25 de outubro, saída da fábrica ás 17:30
horas dende rotonda de Arias Hermanos e regresando para Alcoa pola
rotonda do Marineda City.
jueves, 4 de octubre de 2012
viernes, 28 de septiembre de 2012
A "estafa" da tarifa eléctrica
Si hai unha
palabra que poida definir a o alto custe
da enerxía esta e a palabra “estafa” porque senón non se pode entender como
sendo un dos países onde menos custes reais ten producir enerxía, xa que as
centrais hiroeléctricas, nucleares e térmicas están máis que amortizadas,e temos
tamén unha gran produción eólica, e solar, temos unha das tarifas eléctricas máis
altas de Europa.
Para comprender a
magnitude da “estafa” temos que saber como se calcula o prezo do “mix“ enerxético
nas poxas que se fan cada hora.
Cando se abre o
mercado diario as enerxías renovables(as chamadas do réxime especial,aínda que
aquí incluíse tamén a coxeración) teñen prioridade de entrada por lei e entran no
“mix” a un custe 0€ (logo veremos que realmente non e así),logo entraría a nuclear
e a hidráulica fluinte ,tamén a custe 0€, e como ca produción delas só non
chega ,para cubrir a demanda entrarían segundo a necesidade as Térmicas de
carbón a un custe medio de 48€/Mw, os ciclos combinados a un custe medio a 54€/Mw,as
hidráulicas regulables e o fuel a 80€/Mw aprox., o prezo final de ese “mix” o
marca a enerxía máis cara que entre, por exemplo si hai demanda e teñen que entrar en funcionamento
as de carbón o prezo de todas(excepto as renovables que para o cálculo do “mix”
sempre e 0€) sería o do carbón, si aínda non chega e teñen que entrar as de ciclo
combinado, pois sería o prezo do ciclo combinado, e así sucesivamente, isto xa
de por si e un timo ,o lóxico sería que cada unha entrase a prezo de custe, máis
un pequeno marxe de beneficios, con este sistema as compañías que xeran enerxía
hidráulica e nuclear teñen unha marxe de beneficios enorme xa que os custes
reais de estas enerxías son moi baixos (hidráulica 3€/Mw,e nuclear sobre 14€/Mw)
,e sempre se pagan o prezo da máis alta que entre, por este método obtiveron
dende o ano 2006 , 22.926 millóns de euros,chamados con sorna dentro do
negocio“windfall frofits” (beneficios caídos do ceo).
Pero aí non remata
todo,como xa dixemos as enerxías renovables sempre entran a custe 0€ no “mix”,e
isto e así porque están primadas fora de el,tendo sempre un prezo fixo vía
subvencións do goberno que de media no ano 2011 foron para a eólica 42€/Mw, a
coxeración 56 €/Mw ,a biomasa 73€/Mw, para solar termoeléctrica 240€/Mw para a solar fotovoltaica de 390€/Mw , cartos que supostamente son como
compensación polo desenrolo destas tecnoloxías e que dende o ano 2006 leváronse
28.144 millóns de euros en subvencións.
Estas son dúas
das razóns polas que prezo final do “mix”e un dos máis caros de Europa, a
pesares de que máis dun terzo da produción provén de enerxías que se obteñen do
sol ,vento e auga que son gratis, e que
as centrais hidroeléctricas, nucleares e a maioría dos parques eólicos están máis
que amortizados.
Pero por si isto
fora pouco os custes do “mix” so representan a metade do custe final da factura
eléctrica, xa que logo hai que sumar os chamados peaxes de acceso, compostos
por: transporte, distribución, xestión comercial, operador de sistema e comisión
nacional de enerxía, moratoria nuclear, interrumpibilidade , custes
extrapeninsulares , primas as enerxías renovables, financiación do déficit
tarifario ,xestión de residuos nucleares, etc.
que no ano 2011 supuxeron máis de 19.500 millóns de euros. E por último hai que
sumarlle tamén os impostos .
Todo iso sumado a
falta de competencia entre produtores que operan en réxime de oligopolio, fai
que teñamos a tarifa máis cara de Europa, só por detrás de Chipre, Malta e Irlanda,que
polo seu carácter insular teñen moitos custes engadidos.
Agora, unha vez
explicada a tarifa podemos comprender
mellor cal e a guerra que se esta a librar pola mesma.
En España existen
dous grandes lobbys eléctricos con intereses contrapostos,por un lado esta
UNESA composta por Iberdrola, Endesa, Gas Natural, EON y HC herdeiros das
grandes infraestruturas públicas da época franquista (pantanos, centrais hidroeléctricas,
nucleares, térmicas, etc) con intereses principalmente nas enerxías tradicionais
,son os que obteñen grandes beneficios cas nucleares e hidroeléctricas co timo
do cálculo do prezo do “mix “ enerxético, son o grupo mais afín o goberno do PP
e pola outra banda a chamada “Triple A” formada por Acciona, Abengoa, ACS na
maioría antigos ladrilleiros que unha vez pinchada a burbulla inmobiliaria e o
amparo das subvencións as enerxías renovables outorgadas polo goberno do PSOE deron a salto as renovables co respaldo
de grandes fondos internacionais obtendo os seus principais beneficios das
subvencións o réxime especial.
Ambos grupos da
man dos seus políticos títeres e influencias varias intentan que as reformas do
mercado eléctrico que se fagan ,recaian
sobre a parte contraria.
Por la súa banda
o goberno só esta interesado en reducir o mal chamado “déficit tarifario” que
segundo eles é o resultado da diferenza do prezo que pagamos e o prezo real de
custe da electricidade algo que claramente é mentira, e que ronda os 25.000
millóns de euros crecendo en máis de 400 millóns por mes e computa como si fose
débeda pública(a través do aval de bonos FADE,etc).
¿Cal sería a
solución máis lóxica para acabar co malchamado “défict tarifario” e rebaixar a
tarifa o mesmo tempo?
Pois sería facer
unha reforma onde no cálculo do prezo do “mix” cada enerxía entrase o seu prezo
de custe máis un marxe de beneficios razoable, non ó prezo da máis cara, acabar
cas primas os parques amortizados e as tecnoloxías que xa están desenroladas ,
quitar conceptos da tarifa como extrapenisularidade, moratoria nuclear, primas,
etc que deberían ir a cargo de outros presupostos, e sobre todo facer un
mercado competitivo, pero como o poder e influencias de ambos grupos son tan
grandes o final o peso das reformas recae sobre os de sempre, os consumidores, facendo
que en menos de dez anos se duplicase o prezo da electricidade, afundindo máis
a economía e facendo inviables moitas empresas, en especial ós grandes
consumidores de electricidade.
jueves, 27 de septiembre de 2012
O saqueo de INESPAL
Si se puidera resumir nunha frase a privatización de
INESPAL a mais acertada sería: ”O estado
págalle a Alcoa para que se quede cos beneficios”, xa que realmente iso é o que
pasou.
Os primeiros
intentos de privatizar INESPAL e vendela a transnacional
Alcoa datan do ano 1990, pero non prosperaron debido a que as eléctricas non
estaban en mans
privadas todavía ,e non se podía facer “negocio” tan fácilmente, polo que a firma
do acordo de venda non chegaría ata xullo do 1997, aínda que non se formalizou ata o ano 1998,coincidindo ca ola de privatizacións das compañías eléctricas
realizada polo goberno do Sr. Aznar co Sr.
Piqué como ministro de industria.
A venda do grupo INESPAL foi unha das privatizacións
máis controvertidas,xa que se trataba dunha empresa que nos dous anos
anteriores a venda e baixo a dirección de un bo xestor (Sr. Alvarez Vara) obtivo
máis de 12.000 millóns de pesetas (77M$ da época) de beneficios netos e acababa
de presentar un plan de futuro para o grupo, como pago a súa boa xestión foi
fulminantemente destituído, non fora ser que encarecese máis o prezo de venda e
fastidiase a operación.
Os motivos da
venta tamén foron moi cuestionados nas comisións do congreso do ano 1997,xa que
non se explicaban como unha transnacional como Alcoa que estaba a pechar
fábricas, moitas delas rendibles en outras partes,trasladando a súa produción a
zoas con custes enerxéticos baixos e con minas de bauxita(materia prima do
aluminio) preto,como África,quería comprar INESPAL sabendo que coa
privatización das eléctricas, a enerxía encareceríase todavía máis e a bauxita había que traela de fora; a
resposta xa se intuía por aquela época como se reflicte nas comisión do
congreso do ano 1997, Alcoa so viña a adquirir cota de mercado, eliminar
competencia e a vivir de “subvencións” mentres puidera como veremos mais adiante.
O prezo da venda quedou fixado inicialmente en 410 millóns
de dólares (63450 mill. de pts. o cambio da época),pero foi reducido finalmente
a 109 millóns de dólares (16840
mill. De pts.), o descontarlle algo máis de 200 millóns por asumir a débeda do
Grupo(a maioría contraída por recentes inversións para modernizar as fábricas),e
100 máis ,por dúas reclamacións posteriores a venda que fixo o comprador, como ben
reflexa o informe do tribunal de contas sobre privatizacións do 13 /1/ 2006.
Como contrapartidas a venda, o estado(SEPI) garantíalle a
Alcoa un prezo da enerxía durante 10 anos (1998-2007) a 3840 pts/Mw (23€/Mw) e
5 anos suplementarios (2008-2012) a 4240 pts (25€/Mw) tendo que poñer o estado
a diferencia entre ese prezo e o real de mercado que era moi superior,ata un
tope de 410 millóns de dólares, ademais debería asumir todos os gastos
medioambientais ata un tope de 65 millóns de dólares.
Segundo un informe de contas sobre as privatizacións de
empresas públicas a data do 13/01/06 o resultado contable da venda de Inespal
arroxaba unas perdidas para o estado de 456 millóns de euros os que hai que
sumar 180 máis de compensación da tarifa eléctrica do período (2008-2010), polo
que a venta foi unha operación nefasta para o estado, pero non así para Alcoa que
leva obtendo beneficios ano tras ano e para as compañías eléctricas.
Pola súa banda Alcoa comprometíase:
1. Inverter 390 millóns de euros nos 10 primeiros
anos: Todos nos preguntamos onde se meteron .
2. Incrementar
a actividade: Dende a chegada de Alcoa na fábrica da Coruña parouse
a refusión, pechouse o laminador ,pecharon os talleres de mantemento,e este ano
unha das dúas series de electrólise.
3.Desenrolar novos produtos: Descoñecemos
cales son, porque a parte de non facer nada novo deixamos de facer fío e placas.
4.Manter o
emprego: A plantilla do grupo Inespal a 31/12/97 antes da venda
era de 4581 traballadores ,e contaba con unha decena de centros de traballo, hoxe
en día ,despois de pechar un par de centros,vender tres, varios ERE´s e recortes de plantillas en todas elas,
non chegamos nin a metade.
Como pode verse non cumpriu ningún dos compromisos, tampouco
tivo ningunha intención de facelo,porque como dixemos antes só veu a coller cota
de mercado, eliminar competencia, e levarse todos os beneficios para fora, proba
délo é o que quere facer agora, pechando as plantas de primario de España e
Italia ca escusa da tarifa eléctrica (cando veu, a enerxía xa era moi cara e
sabía que se ía encarecer máis cas privatizacións das empresas eléctricas) e
trasladando a produción a megaplanta de Ma´aden en Arabia Saudita que entrará
en funcionamento o vindeiro ano,onde os custes enerxéticos son moito máis
baixos e a mina de bauxita está o lado da planta.Non podemos permitir este espolio,e o goberno como responsable da privatización que nos levou a esta situación debe garantir a nosa continuidade mentres non se atope unha solución.
miércoles, 26 de septiembre de 2012
O persoal de Alcoa continúa coas protestas na Coruña e A Mariña mentres o Goberno segue sen achegar unha solución
A CIG da Coruña amosa o seu absoluto rexeitamento ás pretensións de criminalizar ás demandas do persoal e ao trato vexatorio recibido por un delegado da central
Este mércores os traballadores/as de Alcoa Inespal volveron saír á rúa para esixir dos Gobernos do PP unha solución que permita o mantemento da actividade industrial na factoría da Coruña e a continuidade dos empregos, tras das ameazas da multinacional estadounidense de pechar as instalacións. Con semellante obxectivo, membros do Comité de Alcoa San Cibrao subíanse ao alto da ponte de Feve en Viveiro para colgar unha pancarta en defensa dos postos de traballo e a continuidade da actividade industrial na comarca.
Dende as Sección Sindicais da CIG reclámase ao Goberno español que deixe de demorar a resolución da problemática da tarifa eléctrica e dea unha pronta solución a esta cuestión, xa que a falta dun prezo da enerxía competitivo é a escusa aducida pola empresa para ameazar co peche. Hai que ter en conta tamén que Galiza é produtor de enerxía eléctrica, polo que a lóxica fai pensar que dende a administración resultaría sinxelo estabelecer outro tipo de prezo tanto para a industria como mesmo para os fogares do noso País.
Do mesmo xeito, a representación da CIG na empresa matiza que esta tarifa se demanda para as fábricas do aluminio, non para Alcoa, polo que instan aos gobernos do PP a conseguir o compromiso da multinacional de que manterá a actividade das plantas que ten na Coruña e na Mariña e os postos de traballo; ou ben, no caso de que Alcoa decida abandonar a produción en Galiza, que sexa a propia administración a que busque un comprador para as instalacións ou mesmo que proceda á nacionalización da produción. A este respecto, lembran que a industria do aluminio, alén de xerar beneficios, é unha industria básica no noso País.
Rexeitamento á criminalización da protesta
Así mesmo, a Unión Comarcal da CIG da Coruña quixo amosar o seu total rexeitamento ao novo intento de criminalizar as mobilizacións da clase traballadora vivido este mércores ás portas da Delegación do Goberno na Galiza. A central sindical censura que no marco dunha concentración pacífica e debidamente comunicada a única resposta do Goberno sexa promover unha actuación represora, máxime cando o persoal o único que reclama é a continuidade dos seus empregos.
Cómpre subliñar que das máis de 300 persoas que tomaron parte da concentración celebrada na Praza de Ourense, a policía identificou, sen mediar palabra e dándolle un trato absolutamente vexatorio, a un único traballador do cadro de persoal de Alcoa Inespal, que ademais é membro do Comité de empresa pola CIG.
A central nacionalista lamenta que unha vez máis a única resposta do PP pase por criminalizar a loita dos traballadores e traballadoras en lugar de procurar unha solución que garanta a continuidade dos empregos nas factorías galegas de Alcoa.
martes, 25 de septiembre de 2012
Quo vadis Comité?
Despois da espantada do venres pasado na asamblea o Comité de Empresa debería ter claro que xa non representa aos traballadores, polo menos no moral, ainda que lle quede o legal. A actitude pseudo mafiosa e egocéntrica do seu presidente, que se cree máis listo que o resto, fai que de facto actue coma un títere da dirección da empresa e de certos políticos, que tirando para un lado ou para outro fano bailar ao son que máis lles convén. Senon a que ven ir a entrevistarse co alcade en solitario, e que este lle pida o voto dos Alcoanos (como nos mellores momentos do caciquismo) e o felicite por deixar de causar molestias coas nosas movilizacións. Calquera que se encontrara nesa situación tería que pensar "algo estou facendo mal para que este tío me diga isto". E por outra banda as visitas ao despacho do xefe de planta, ese amigo inseparable que lle sufraga buses e da horas libres para as manifestacións. E que non se da conta que Alcoa non é a nosa amiga e que o xefe de planta xoga o papel que lle encomenda a multinacional? Con eses compañeiros de viaxe mal vamos. Pode que teña unha nova efermidade, "despachitis aguda", que de tantos anos de ir de despacho en despacho xa non o pode evitar.
Nin sabemos onde está o Comité, nin sabemos cara onde vai. O que si sabemos é que este non é o camiño. Non se pode loitar sen contar cos traballadores, e o tempo acábase sen que atisvemos solucións. Todo o que fixo este Comité foi desmovilizar as súas forzas, que deberan ser o conxunto dos traballadores aos que debera representar.
Nin sabemos onde está o Comité, nin sabemos cara onde vai. O que si sabemos é que este non é o camiño. Non se pode loitar sen contar cos traballadores, e o tempo acábase sen que atisvemos solucións. Todo o que fixo este Comité foi desmovilizar as súas forzas, que deberan ser o conxunto dos traballadores aos que debera representar.
jueves, 20 de septiembre de 2012
ASEMBLEA XERAL
Maña as 15:30 hai unha asemblea de traballadores no comedor social convocada por CCOO,descoñecemos o que se vai falar,supoñemos que a base de tanto reunirse coa dirección e non vernos alí , non se dan conta que aínda pertencemos o "comité" .
Suscribirse a:
Entradas (Atom)